VOLVER Á BRETAÑA. Mércores, 9 de novembro do 2016 (2)

Fútbol gaélico, bretóns e galegos. Lise Diwan, Karaez-Plogêr

Para coñecer algo un país, convén facer algo de vida canda os seus habitantes, deixando o status de visitante ocasional ou renunciando ao papel cómodo e periférico da testemuña turística.  Verás fidedignamente así que nin o país todo é de postal nin a comida típica ou outros trazos culturais e antropolóxicos forman parte do corrente con carácter exclusivo, estando por veces tan ausentes coma onda ti e tamén a miúdo coa mesma falta de conveniencia en termos de satisfacción e/ou felicidade. Pero tamén coñecerás, como che cadre no lugar debido, clásicas e novas formas, achegas e fenómenos sociais, participativos, que co tempo igual acaban dando igualmente en tradición e antropoloxía. O que foi, o que é volver á Bretaña.

2 Responses to “VOLVER Á BRETAÑA. Mércores, 9 de novembro do 2016 (2)”

  1. Enrique Peñalver Dequidt di:

    Hola Xosé! Só quería agradecerte que fixeras esta viaxe posíbel e desexarte moito ánimo con este blog! Un saludo!

  2. Xosé M. González di:

    Graciñas a ti. Para min, a viaxe convosco tamén foi interesantísima.